A
Coral Polifónica Municipal de Tomiño comeza a súa andaina alá
polo ano 1997. Comezou como coro de igrexa e continuou así ata
finais de 1999, cando xurdiu a idea de formar un grupo coral dirixido
por Dona Teresa Iglesias Ramilo.
Actualmente
está formado por 35 compoñentes e conta entre as súas actuacións
coa participación anual nos Encontros Internacionais de Coros da
Ribeira do Baixo Miño que se celebran entre España e Portugal.
Realiza concertos e misas en tódalas parroquias do seu concello e
nos concellos dos arredores, destacando as misas da Virxe do Alivio e
a de San Campio de Lonxe. Participa tamén asiduamente no Festival de
Panxoliñas de Caixanova.
Así
mesmo participou no I Concerto de Coros promovido pola Asociación
Daniel Calzado na cidade de Tomar (Portugal), e tamén intercambios
culturais con diversas corais de toda a xeografía galega. Participa
tamén nun intercambio cultural coa coral de Morales de Nieva, El
Toboso (Toledo).
Na
actualidade está dirixida por Don Javier Alonso Pérez, que é
licenciado en música na especialidade de violonchelo. No ano 2002
obtén o 1º Premio no Concurso Nacional de Música de Cámara “Jesús
de Monasterio”, celebrado en Santander. Ademais de ser director da
Coral Polifónica Municipal de Tomiño, dirixe tamén o Coro
Polifónico de Entenza, a Coral Polifónica “Ars Cantorum” de
Guillade, Ponteareas, e o Coro Polifónico “O Coto”. É mestre en
linguaxe musical, percusión e violonchelo na escola de música
Agrupación de Belesar, Baiona, e mestre de violonchelo na Escola de
Música Municipal de Porriño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario