domingo, 23 de diciembre de 2012

CONCERTO DE NADAL 2012

No auditorio de Goián celebrouse o sábado 22 o xa tradicionañl concerto de Nadal da Coral Polifónica de Tomiño. Nesta ocasión acompañados pola Coral Infantil de Tomiño e pola Coral de Entenza.

jueves, 23 de febrero de 2012

CORAL POLIFÓNICA MUNICIPAL DE TOMIÑO


 A Coral Polifónica Municipal de Tomiño comeza a súa andaina alá polo ano 1997. Comezou como coro de igrexa e continuou así ata finais de 1999, cando xurdiu a idea de formar un grupo coral dirixido por Dona Teresa Iglesias Ramilo.
Actualmente está formado por 35 compoñentes e conta entre as súas actuacións coa participación anual nos Encontros Internacionais de Coros da Ribeira do Baixo Miño que se celebran entre España e Portugal. Realiza concertos e misas en tódalas parroquias do seu concello e nos concellos dos arredores, destacando as misas da Virxe do Alivio e a de San Campio de Lonxe. Participa tamén asiduamente no Festival de Panxoliñas de Caixanova.
Así mesmo participou no I Concerto de Coros promovido pola Asociación Daniel Calzado na cidade de Tomar (Portugal), e tamén intercambios culturais con diversas corais de toda a xeografía galega. Participa tamén nun intercambio cultural coa coral de Morales de Nieva, El Toboso (Toledo).
Na actualidade está dirixida por Don Javier Alonso Pérez, que é licenciado en música na especialidade de violonchelo. No ano 2002 obtén o 1º Premio no Concurso Nacional de Música de Cámara “Jesús de Monasterio”, celebrado en Santander. Ademais de ser director da Coral Polifónica Municipal de Tomiño, dirixe tamén o Coro Polifónico de Entenza, a Coral Polifónica “Ars Cantorum” de Guillade, Ponteareas, e o Coro Polifónico “O Coto”. É mestre en linguaxe musical, percusión e violonchelo na escola de música Agrupación de Belesar, Baiona, e mestre de violonchelo na Escola de Música Municipal de Porriño.